​Un detido en Pontevedra por intercambiar material pedófilo

|

Policia computadores

Identificaron a catro nenas vítimas.

A Policía Nacional detivo 40 homes, un deles en Pontevedra, entre os que se atopan profesores, enxeñeiros ou empregados públicos, que intercambiaban material pedófilo de "extrema gravidade", segundo a categorización establecida polo proxecto 'Baseline' de Interpol, na internet.


Nun comunicado, a Policía informou de que practicou 42 rexistros domiciliarios por toda a xeografía española (en 17 provincias), nos que interveu numerosos computadores portátiles, máis de 100 discos duros, discos compactos e DVD's.


Entre os detidos atópanse profesores, enxeñeiros, empregados públicos ou autónomos, desempregados e xubilados. Accedían á dark web e tentaban eludir así a identificación policial.


Uno dos detidos en Alacante, ademais de distribuír material ilegal pola rede, acosaba a menores para conseguir imaxes de contido sexual, que posteriormente editaba e subía a Internet, feito polo que foron identificadas catro nenas vítimas de acoso sexual.


Os especialistas están a analizar todo o intervido a fin dedeterminar a posible existencia dun delito de produción de material pedófilo, abusos sexuais sobre menores por parte dalgún dos identificados ou a existencia de conexións con outros pederastas cos que puidesen interactuar na rede.


relacionada Un galego, detido como parte dunha rede que distribuía arquivos pedófilos
relacionada Detido un home en Chantada por posesión e distribución de vídeos pedófilos
relacionada Máis de cen detidos en toda España por tenencia e distribución de arquivos pedófilos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress