​O Dépor déixase ir e encaixa outra goleada contra a Real

Albentosa, que se estreou como capitán, recoñece que o equipo está "afundido". Lucas Pérez fala de "vergoña".


|

Depor realsociedadAlbentosa ve o equipo "animicamente afundido". Foto: RC Deportivo

O Dépor encadeou este venres en Anoeta outra derrota máis e converteuse no equipo máis goleado da liga. O asubío final deixou un 5-0 no marcador, pero para o equipo que dirixe Cristóbal, o partido rematou moito antes.


O adestrador manifestou na sala de prensa de Anoeta que "é imposible facelo peor" e asumiu ser "o responsable de que non rendesen como deberían". "Despois do segundo gol baixamos totalmente os brazos e deixamos de competir", engadiu.


Nesta liña manifestouse tamén Raúl Albentosa, que estreou o seu rol de capitán. "Deixámonos ir ao final e metéronnos cinco", destacaba, para admitir que "non demostramos nada futbolísticamente e animicamente o equipo está afundido".


Pola súa banda, Lucas Pérez tamén atendeu os medios e declarou que "fixemos o ridículo hoxe aquí en Anoeta. Viñemos, paseamos todos, eu o primeiro. Vergoña nada máis".


Entende que os afeccionados sintan vergoña: "Tamén a sinto eu. Eles están impotentes, non poden facer nada. Ven que imos á deriva. É así como se senten e como sentimos nós tamén".


A primeira parte, e ao final do partido, foi un monólogo do equipo donostiarra. Anotou o primeiro á media hora e tivo máis ocasións para ir ao descanso con máis vantaxe. Mentres tanto, o Dépor tiña moitos problemas para sacar o balón xogado e ter o dominio do mesmo.


Os mellores minutos do Dépor foron tras a continuación, pero só foi un espellismo. Pasado o minuto 60 a Real marcou o segundo e apropiouse do partido.


relacionada ​Tino Fernández: "Os que máis fichan adoitan ser os que descenden"
relacionada ​Krohn-Dehli: "É normal que no Celta estean un pouco enfadados"
relacionada ​O Dépor bota por terra en catro minutos o traballo de todo o partido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE