​Unzué perde a Hugo Mallo por lesión para o partido contra o Alavés

O parte médico do Celta revela que ten "unha dor limitante". O míster busca "ter o control" do encontro.


|


Hugo malloHugo Mallo, baixa por lesión. Foto: RC Celta


Dous nomes destacados do Celta que non estarán contra o Alavés en Mendizorroza este sábado, pero por distintos motivos: Hugo Mallo e Lucas Boyé. O capitán, por lesión, e o novo dianteiro, porque aínda se presenta o luns á afección.


Segundo o parte médico do Celta, Hugo Mallo sofre un traumatismo nun dedo do pé "que lle xera dor intensa actualmente e é limitante", aínda que "en radiografías descartáronse fracturas".


Sobre o encontro falou este venres Unzué. O técnico pídelles aos seus "ter a posesión, sendo fortes en actitude e en capacidade de defender", para superar as características do rival.


"Espero ter o control e facer un partido que nos conveña", manifestou Unzué. O míster defendeu que o equipo vasco non llo poñerá sinxelo: "Vinos competir, mesmo cando perderon, plantando cara a rivais de máximo nivel e facerlles partidos moi incómodos". Precisamente, o Alavés foi o verdugo do Celta na pasada edición da Copa en semifinais.


Neste encontro non estará Lucas Boyé, que se presentou este venres ao celtismo a través da web do club. O novo dianteiro celeste charlou este venres coa televisión oficial do club tras asinar o seu contrato na sede social do RC Celta.


"Espero poder sumar desde onde me toque e non decepcionar a toda a xente que confiou en min para este novo desafío”, declarou Boyé nesta entrevista exclusiva a Celta Media.

El vese como "un dianteiro que pode adaptarse a calquera parte do ataque". Nas súas primeira horas en Vigo tivo sensacións “boísimas” e puido confirmar o que o seu compañeiro vigués no Torino, Iago Falqué, xa lle adiantaba: "Faloume moi ben da cidade, o lindo que é. Por iso tamén tiña ganas de vir", asegura.


Boyé, que chega cedido con opción de compra, presentarase ante os medios e o celtismo o vindeiro luns en Balaídos co dorsal nove na súa camiseta.


relacionada Unzué xa ten ao dianteiro que quería: Lucas Boyé
relacionada O axente de Lobotka nega calquera acordo co Inter de Milán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE