O Goberno esixe a Torrent un candidato "sen contas pendentes coa Xustiza"

|


Mendez de vigo


O portavoz do Goberno, Iñigo Méndez de Vigo, cre que o presidente do Parlamento catalán, Roger Torrent, é o que debe propoñer un novo candidato que "non teña contas pendentes coa Xustiza".



Explicou que é á Mesa do Parlament á que lle corresponde "buscar solucións", co fin de confirmar que o Executivo se guiará polo informe dos letrados da Cámara autonómica sobre se corren ou non os prazos tras aprazarse a investidura.


"Estaremos ao que digan os letrados do Parlament, que son os que mellor coñecen a cuestión. Están a elaborar un informe e serán eles os que digan cal é o camiño para seguir", declarou Méndez de Vigo.


Neste sentido, o portavoz do Executivo sinalou que non se plantexan pedir un informe aos servizos xurídicos do Estado sobre esta cuestión, co obxectivo de aclarar se corren xa os prazos ou hai que esperar a que se produza unha votación de investidura no Parlament.


Doutra banda, Méndez de Vigo apelou á "responsabilidade" e á "cordura" para deixar atrás a "desobediencia sistemática ás resolucións dos tribunais e a vulneración das leis", destacando que está en mans do presidente do Parlamento catalán propoñer un candidato "sen contas pendentes coa xustiza".


Para máis información, continúe lendo en catalunyapress.es


relacionada ​Puigdemont aluga un 'palau' en Bélxica coa investidura en punto morto
relacionada Cataluña pagou o referendo ilegal con diñeiro prestado polo Estado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress