​Inaugurado o "Santiago Emprega VI", que formará a 85 mulleres

Realizarase un seguimento da empregabilidade ao finalizar o programa, aos 6 meses e aos 12, unha vez finalizado.


|

Marta lois santiagoempregaMarta Lois presentou o taller. Foto: Concello de Santiago

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago, Marta Lois, asistiu este venres á apertura do programa de emprego integrado Santiago Emprega VI, dirixido a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral a través dun itinerario que contará con accións informativas, talleres ou asesoramento e coaching.


Participan 85 mulleres de entre 18 e 25 anos, que mellorarán as súas competencias mediante catro itinerarios de inserción laboral aos que se lle sumarán itinerarios adaptados a cada perfil profesional.


Na apertura, a concelleira fixo fincapé nos "esforzos que se están facendo na mellora da empregabilidade da xente moza" e lembrou os "dous millóns de euros captados en fondos externos para o desenvolvemento deste tipo de programas".


Este taller ten unha duración de 12 meses e un grao de inserción laboral próximo ao 50%. Realizarase un seguimento da empregabilidade ao finalizar o programa, aos 6 meses e aos 12, unha vez finalizado.


Os catro itinerarios formativos son de márketing e comercio internacional, condución de autobús, recepción en aloxamentos e confección de páxinas web. Ademais, contarase con talleres que procuren mellorar as competencias transversais e comunicativas das persoas participantes.


O programa comezou cunha charla de Reina  Dhoore, acompañadora de procesos emocionais e de tensións, que buscou motivar as participantes na procura de emprego.


relacionada A capital galega recibe medio millón de euros para o emprego xuvenil
relacionada Martiño Noriega defende a pancarta en favor da sanidade pública

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE