​O Goberno elevará a previsión de crecemento, pero non tanto como di De Guindos

|

Rajoy fondonegro


O presidente do Goberno avanzou este venres que o Goberno elevará "en próximas datas" a súa previsión de crecemento económico para este ano e situaraa "polo menos no 2,5%", fronte ao 2,3% actual.


"Este ano 2018 vai ser un bo ano, fixaramos a previsión de crecemento no 2,3%, pero en próximas datas ímola actualizar e ímola situar polo menos en 2,5% en 2018 no conxunto do país", anunciou Rajoy durante a súa intervención no acto de conmemoración do 50 aniversario do Aeroporto de Alacante-Elxe.


Rajoy destacou os tres últimos anos de "crecemento puxante", xa que nos exercicios 2015, 2016 e 2017 España creceu por encima do 3%.


O Executivo rebaixou do 2,6% ao 2,3% a súa previsión de crecemento para este ano no plan orzamentario que lle remitiu a Bruxelas a mediados de outubro polo impacto da situación política en Cataluña.


De Guindos falou esta semana de que a economía española podía chegar a crecer ata un 3% en 2018, lonxe das cifras que manexa agora o Executivo, así como o Banco de España e o FMI.


relacionada ​Guindos cre que España necesita dous anos máis para saír da crise
relacionada ​A crise catalá leva ao FMI a rebaixar a súa previsión de crecemento para España
relacionada O Banco de España rebaixa unha decima a previsión de crecemento para 2018 e 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress