​Aberta a convocatoria do certame internacional 'Stockholm Junior WaterPrize'

Viaqua e Fundación Aquae apoian esta competición sobre proxectos de investigación escolares sobre aauga.


|

Sjwp aquaeFinalistas mundiais da edición de 2017. Foto: Viaqua


O Certame Nacional da XXII edición do Stockholm Junior WaterPrize (SJWP) abriu a súa convocatoria deste ano para recibir ata o próximo 9 de abril proxectos de investigación escolar sobre auga e sustentabilidade.


Viaqua e a súa Fundación Aquae patrocinan esta competición, que cada ano recibe "máis de 10.000 proxectos procedentes de 30 países", tal e como sinala a entidade nun comunicado.


Poden participar alumnos e alumnas que cursen Secundaria, Bacharelato ou FP en calquera centro educativo de Galicia e que en agosto deste ano teñan entre 16 e 21 anos. A participación está aberta a calquera proxecto de investigación escolar "dirixido a mellorar a calidade de vida mediante a mellora da calidade da auga, a xestión dos recursos hídricos, a protección da auga ou o tratamento da auga, xa sexa potable ou residual".


Desde o punto de vista metodolóxico, destaca o comunicado, os traballos deberán ser investigacións escolares baseadas na "experimentación científica, o desenvolvemento de tecnoloxías ou investigacións de carácter social".


UN REPRESENTANTE ESPAÑOL


En maio celebrarase a final nacional, onde os estudantes deberán defender o seu traballo ante un xurado mediante unha exposición oral en castelán ou inglés. Entre eles, designarase un único traballo como representante español ao certame.


A edición mundial desta competición está organizada polo Instituto Internacional da auga de Estocolmo (SIWI), cuxo obxectivo é fomentar o interese dos mozos e promover a súa creatividade en torno á auga e o medio ambiente. Pola súa banda, a edición española deste concurso está organizada pola Escuela del Agua, unha institución creada por Suez para compartir e transferir coñecemento en materia de auga e sustentabilidade que conta con proxectos de capacitación en 17 países.


A Final Internacional celebrarase a finais de agosto en Estocolmo no marco da Semana Mundial da Auga. O gañador do SJWP recibe 15.000 dólares, un diploma e unha escultura de cristal azul de mans da princesa Vitoria de Suecia, patroa deste premio. 


relacionada Viaqua demostra a súa implicación o Día Mundial da Educación Ambiental
relacionada Fundación Aquae lanza 32 bolsas para realizar estudos na Escola da Auga
relacionada O IV Certame Literario de Viaqua acolle máis de 500 microrrelatos de escolares
relacionada Científicos e expertos reclaman unha convención de Nacións Unidas pola auga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE