A Uvigo encabeza un proxecto de subtitulado de retransmisións en directo e en idioma estranxeiro

Pretende conseguir unha maior accesibilidade para xordos e foráneos


|


Uvigo subtu00edtulos


A Universidade de Vigo (UVigo) lidera un proxecto europeo que busca desenvolver unha nova disciplina baseada na subtitulación interlingüística en directo mediante refalado, é dicir, subtitular en idiomas estranxeiros en directo por recoñecemento de fala, co que pretende "facer accesibles" a xordos e foráneos as retransmisións por televisión.


O proxecto, denominado ILSA ('Interlingual Live Subtitling for Access'), conta coa participación das universidades de Anveres, Varsovia e Viena; o Parlamento de Galicia, a televisión pública belga VRT e a empresa polaca Dostepni.eu; ademais de 30 organismos asociados, entre eles a ONU e asociacións de persoas xordas.


Esta iniciativa consiste nun novo modo de subtitulado no que unha persoa escoita o que se di nun programa ou un evento retransmitido por televisión e, ao mesmo tempo, vai refalando ou reformulando a un programa de recoñecemento de fala, ditando tamén signos de puntuación, de forma que se mostran estas palabras como subtítulos en directo.


"Ata agora isto estábase facendo de modo intralingüístico, por exemplo de español a español, pero temos que ver se se pode facer refalado interlingüístico, xa que os subtítulos serían accesibles tanto a oíntes como a persoas xordas", explicou o investigador da UVigo e coordinador do proxecto, Pablo Romero.


O resto do equipo vigués compóñeno os docentes Luís Alonso, Ana Pereira, e Lourdes Lorenzo, xunto á técnica dea Oficina de Relacións Internacionais Eva Garea. Este proxecto conta cun orzamento de 250.000 euros e unha duración de tres anos, de setembro do 2017 a setembro de 2020.

relacionada Neira Vilas reaparece no escenario literario con dous libros inéditos
relacionada ​Lendakaris Muertos presentan este sábado en Santiago o seu novo disco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE