​Tino Fernández: "Os que máis fichan adoitan ser os que descenden"

O presidente do Dépor fai unha valoración positiva do mercado de inverno, a pesar do mediocentro.


|

Tino fernandez deporTino Fernández rexeita "fichar por fichar". Foto: RC Deportivo

"Saímos en pretemporada pensando que tiñamos bo cadro de persoal e seguímolo pensando", manifestou este xoves Tino Fernández tras o peche do mercado de fichaxes, que o Dépor rematou sen incorporar a un mediocentro.


O presidente do Dépor contou que tentaron algunha incorporación máis, pero reivindicou o resultado final cun balance positivo deste mes de negociacións. "Melloramos o nivel", manifestou.


Nesta liña, rexeitou "traer por traer", poñendo como exemplo incorporacións doutras tempadas que non deron resultado. "Os que máis contratan, adoitan ser os que van a Segunda", proclamou o presidente, que defendeu a Bóveda e Krohn-Dehli domo "dúas das fichaxes máis interestantes deste mercado".


Así e todo, non descartou a chegada dalgún futbolista sen equipo. Explicou que ese foi o motivo da rescisión a última hora de Bruno Gama, dispoñer dun oco. "Non é fixo que chegue ninguén, pero existe esa posibilidade", remarcou, referíndose expresamente a "un mediocentro defensivo ou un central".


E é que, a pesar de que analizaron moitas posibilidades, ten que ocorrer "que eses xogadores poidan vir, queiran, se axusten en canto a diñeiro e os queira o corpo técnico".


En canto aos rumores de saída de Andone, Tino Fernández rexeitou esa posibilidade. "Queremos telo en propiedade moitos anos e mellorarlle o contrato", manifestou.


relacionada ​O Dépor pecha o mercado sen ningunha chegada máis e coa saída de Bruno Gama
relacionada ​Ningún xogador do Dépor se despediu dos compañeiros este mércores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE