Galicia rexistra un total de 1.275 peticións de axuda por incendios

|


Incendios


Como consecuencia da terrible vaga de incendios que arrasou a Galicia a mediados de outubro de 2017, ata agora rexistráronse un total de 1.275 peticións de axuda, cuxo custo superaría os 22 millóns de euros á marxe doutras actuacións directas da Xunta. O obxectivo que se propuxo o Goberno galego é ter resoltas no primeiro semestre deste ano todas as solicitudes formuladas. 


En ausencia de Alberto Núñez Feijóo, que se ecuentra de viaxe en Israel, o vicepresidente Alfonso Rueda presidiu o Consello da Xunta encargado de analizar un balance da tramitación das axudas activadas por parte da Administración autonómica, para facer fronte aos danos ocasionados polos lumes.


Rueda explicou que na resolución de axudas priorizouse o pago "primeiro a as persoas que sufriron danos persoais ou perderon a familiares" por mor do lume, e tamén aos cidadáns que viron afectadas as súas vivendas. Incidiu ademais en que hai disposición por parte da Xunta a ampliar o orzamento inicial previsto en caso de ser necesario.


Consello

Consello da Xunta presidido por Alfonso Rueda


A partir de aí, aténdese aos danos en instalacións industriais e tamén a paliar aqueles gastos derivados da extinción nos concellos. En total, das nove liñas de axudas activadas, hai 1.275 peticións. "Algunhas xa están tramitadas, resoltas e aprobadas", constatou Rueda, quen avanzou que o obxectivo é que todas estean resoltas no primeiro semestre do ano.


DESPREGAMENTO GRADUAL DE MEDIOS FRONTE ÓS INCENDIOS


Pola súa banda, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) iniciou o despregamento graduado de medios aéreos e brigadas para facer fronte á extinción dos incendios forestais en distintos puntos da xeografía española, no marco da campaña inverno-primavera.


En concreto, esta campaña estará reforzada con 14 medios aéreos e cinco brigadas de reforzo de incendios forestais (BRIF) que actuarán en apoio ás comunidades autónomas, competentes nesta materia. O despregamento comezou este 1 de febreiro e seguirá ampliándose de forma graduada ata o 14 de xuño e servirán para completar o labor dos 18 avións anfibios Canadair do Ministerio que están activos durante todo o ano.


UN ANO NEFASTO EN CUESTIÓN DE INCENDIOS


Precisamente, este reforzo chega despois do ano 2017, que terminou como o segundo peor ano do decenio, por detrás de 2012, polo número de hectáreas arrasadas polas chamas (178.436 hectáreas de superficie)  e como o segundo peor do século, por detrás de 2006, polo número de grandes incendios, un total de 56.


Os datos recolleitos indican que a rexión noroeste, que comprende Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e as provincias de León e de Zamora, onde se concentrou a metade dos lumes, ardeu case tres cuartas partes da superficie forestal e máis do 65 por cento da superficie arborizada.

relacionada ​Tras o lume e a cinza, o terceiro problema ambiental nas Neves é a uralita
relacionada ​Arquivada a causa contra a Xunta pola adxudicación de helicópteros contra incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress