A ONCE anuncia un sorteo especial para o Día de San Valentín

Ademais do sorteo habitual, a campaña que arrinca este día uno inclúe premios e agasallos nos cinco millóns e medio de cupóns. 


|


Once San Valentu00edn


Din que afortunado no xogo, desafortunado no amor, e viceversa. Pero a ONCE decidiu retar ao refraneiro español cun sorteo especial o Día de San Valentín. Para unirse a este Día dos Namorados, a ONCE pon en marcha unha campaña de premios e agasallos con cinco millóns e medios de cupóns para o día 14 de febreiro co slogan ‘Tocados por San Valentín’.


No sorteo, aos premios habituais (35.000 euros e, se se xoga A Paga, ademais, 3.000 euros ao mes durante 25 anos), únese unha promoción especial para este cupón do Día de San Valentín, como non podía ser doutra forma, de cor vermella para a ocasión, e que se poderá adquirir desde hoxe, 1 de febreiro. Para participar na promoción, só hai que adquirir este cupón, entrar na web www.cuponespecial.es, e introducir os datos persoais e os correspondentes ao cupón adquirido (número, serie e código de barras


Segundo informa o comunicado emitido pola ONCE, cada cupón é unha participación para un sorteo final ante notario que se realizará o 16 de febreiro. Os gañadores deberán acreditar ser posuidores do cupón premiado mediante a fotografía ou escaneado do cupón. O agasallo consistirá en 254 caixas regalo consistente en ceas románticas, que se adxudicarán directamente na web mediante a mecánica de momento gañador, xunto cun viaxe a Venecia para dúas persoas que será sorteado entre todos os participantes á finalización da promoción.


Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 20.000 axentes vendedores da ONCE. Como sempre, grazas ao Terminal Punto de Venda, o cliente pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir desde a páxina web oficial de Xogos ONCE e establecementos colaboradores autorizados. Unha oportunidade perfecta para casar o romanticismo coa fortuna. A lotería, como o amor, só toca aos valentes. 

relacionada A ONCE anuncia un sorteo especial para o Día de San Valentín

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE