​O Dépor pecha o mercado sen ningunha chegada máis e coa saída de Bruno Gama

O club acordou rescindir o contrato do xogador portugués, deixando un oco libre.


|

Bruno gamaBruno Gama deixa unha ficha libre. Foto: RC Deportivo


Sen novidades no capítulo de chegadas no último día do mercado de fichaxes, o Dépor queda sen o reforzo para o pivote desexado por Cristóbal.


O Dépor traballou nesta xanela de inverno sen Richard Barral para solucionar carencias do persoal. O mesmo Tino Fernández recoñeceu que o mediocentro era o último dos obxectivos do club.


Con todo, desde a praza de Pontevedra non puideron atopar un futbolista para encaixar nesa posición. Así, o balance péchase de momento con tres chegadas (Koval, Bóveda e Krohn-Dehli) e catro saídas, sumando a última hora a Bruno Gama á lista de Arribas, Saúl e Pantilimon.


O club anunciou a última hora do mércores a rescisión do contrato co portugués.


"O Dépor quere agradecer a Bruno todo o achegado ao equipo nas súas dúas etapas defendendo #asnosascores, desexándolle o mellor no seu futuro profesional e persoal".

Este movemento deixa unha ficha libre, que o Dépor poderá usar para incorporar a algún xogador sen equipo.


relacionada ​Ningún xogador do Dépor se despediu dos compañeiros este mércores
relacionada ​Krohn-Dehli: "É normal que no Celta estean un pouco enfadados"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE