​Montoro ábrese a perdoarlles ás comunidades créditos que Galicia apenas aproveitou

No debate do financiamento autonómico, Feijóo subliña sempre que espera un premio para Galicia por ser 'cumpridora'.


|

Valeriano martinez montoro cpffValeriano Martínez, con Montoro no CPFF.

Cristóbal Montoro asegurou que é "o momento" de reformar o sistema de financiamento autonómico, porque mellorou a recadación e está controlado o déficit público, e confiou en que "pronto" Cataluña "estea en condicións" de participar nas negociacións, debido a que sen esta comunidade non se abordará o cambio, insistiu.


Montoro compareceu no Congreso para explicar como avanzan os traballos da reforma, que levan un ano en marcha coa participación de todos os gobernos autonómicos excepto o catalán.


O ministro abriuse neste punto a debater sobre a condonación da débeda das comunidades co Estado, contraída nos últimos anos ao crear o Goberno fondos de financiamento para as autonomías. Trátase tanto do Fondo de Liquidez Autonómico, para comunidades que non puideron obter recursos nos mercados, e o Fondo de Facilidade Financeira, con interese cero para as autonomías "cumpridoras" co obxectivo de déficit. A este último é ao que recorreu Galicia, aínda que nunha cantidade ata vinte veces menor que outras comunidades.


INSUFICIENCIAS


A necesidade doutras autonomías do FLA é un dos argumentos máis socorridos por Feijóo no debate da reforma do financiamento autonómico. O presidente da Xunta rexeita 'premiar' os territorios "incumplidores" e espera que a Galicia se lle recoñeza o esforzo.


Montoro, con todo, expresou que "hai que ver que parte lle corresponde a insuficiencias do sistema de financiamento actual", para argumentar que o Estado non ten "interese en financiarse" á conta das autonomías, porque se trata de débeda entre administracións. "Antes ao contrario", agregou. "Hai que dispoñer desa débeda para facilitar o financiamento das comunidades", insistiu.


O responsable de Facenda asegurou que se traballa a bo ritmo nos traballos de reforma pero que segue facendo falta o acordo coas CCAA e cos grupos do Congreso, aos que pediu "disposición ao diálogo". "O goberno aposta sen dúbida por reformar o sistema no prazo máis breve que sexa posible", reiterou.


Montoro defendeu que o financiamento autonómico é diverso, porque o réxime xeral convive co foral e especificidades como as de Canarias e que conviven ao seu xuízo "sen agravios". "Este Goberno non vén ofrecer ningún sistema de financiamento novo que cree agravios entre españois", subliñou.


relacionada ​O financiamento autonómico vai camiño de se converter nunha "guerra" entre territorios
relacionada ​Feijóo rexeita buscar o "aplauso" dos presidentes no modelo de financiamento autonómico
relacionada ​Feijóo recoñece "dificultades para manter" os fondos no financiamento autonómico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE