Cataluña pagou o referendo ilegal con diñeiro prestado polo Estado

O xuíz afirma que o 'procés' se financiou con recursos do Fondo de Liquidez Autonómico.


|

VotacionurnareferendumO xuíz ve intención de ocultar "o rasto" dos fondos.

O titular do Xulgado de Instrución número 13 de Barcelona, Juan Antonio Ramírez Sunyer, considera que o 'procés', en concreto o referendo ilegal do 1-O, foi financiado con recursos do Fondo de Liquidez Autonómico (FLA). Para o xuíz, resulta "evidente" que o importe destinado á celebración do referendo "debe atribuírse" polo menos en parte ao diñeiro obtido da dita liña de crédito estatal.


Así o expón o xuíz nun auto, adiantado polo Confidencial e ao que tivo acceso Europa Press. Así, se o dito pago se realizou tanto directamente pola Generalitat como por persoas ou entidades interpostas, fíxose "coa finalidade de desviar o rastro das partidas" dificultando así a investigación. Insiste o xuíz en que "todo ou parte" dos pagos se realizaron a cargo dos créditos do FLA, cuxa finalidade era outra.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Puigdemont non se dá por derrotado coa filtración das súas mensaxes
relacionada O pleno de investidura queda adiado ata ter "garantías" e o TC reafirma as súas medidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE