Ningún xogador do Dépor se despediu dos compañeiros este mércores
Fabian Schär cre que ao grupo lle falta "confianza", pero espera que a recuperen cando cheguen bos resultados.
O vestiario do Dépor continúa outra semana máis apelando ao traballo conxunto para conseguir resultados e tratar de escapar do descenso canto antes.
Fabian Schär súmase a este mesmo sentir e expresa o seu desexo de "empezar a puntuar". Esta fin de semana, contra a Real Sociedad (o venres), vivirán, por tanto, unha situación similar ao choque contra o Levante. "Necesitabamos gañar, pero xogando cun menos, ao final só quedou empatar", lamentou.
O defensa recoñece que no vestiario "falta un pouco de confianza", pero cre que o aspecto anímico mellorará "cando consigamos resultados". Para iso, coma todos os futbolistas que pasaron ultimamente ante os micrófonos, apela ao bo traballo dos adestramentos que lles serve para ir solucionando erros.
Schär asegura estar contento na Coruña e descoñece posibles saídas esta última xornada do mercado de inverno. Ante a prensa, asegurou que este mércores pola mañá ningún compañeiro se despediu do resto do persoal.
Escribe o teu comentario