Descobren escaleiras da época romana nunha escavación na Muralla de Lugo
En canto se documenten con fotografías e un modelo en 3D, volverán ser tapadas.
A Muralla de Lugo non deixa de revelar elementos descoñecidos baixo a súa superficie. Na última intervención arqueolóxica, atoparon unhas escaleiras orixinais da época romana.
Tal e como recolle a TVG, o achado volverá ser tapado cando terminen os traballos de documentación coa técnica de fotogrametrías e a creación dun modelo en 3D en alta resolución.
Para iso, son necesarias "preto de 500 ou 600 fotografías", segundo explicou Simón Peña, do grupo de Enxeñaría Civil e Xeomática da USC. Este experto tamén relatou que é un prodecimiento habitual que a escavación se tape cando quede documentada.
Sábese que cada unha das torres orixinais da muralla romana tiña as súas correspondentes escaleiras. Aos veciños que pasean pola zona non queda moito tempo para observar o descubrimento.
Escribe o teu comentario