​O Xulgado de Violencia de Xénero volve quedar sen xuíz

O Colexio de Avogados da Coruña lembra que no verán tampouco houbo xuíz substituto e a carga trasládase ao xulgado de garda.


|

Xustiza xuízo


O Colexio de Avogados da Coruña denunciou a situación do Xulgado de Violencia de Xénero na cidade herculina "ante a ausencia de orzamento para cubrir a ausencia do xuíz titular", sinala a entidade colexial nun comunicado.


Así, lembra que non é a primeira vez que se produce "esta situación de baleiro" no xulgado e que en agosto a entidade colexial xa criticou "que durante as vacacións do xuíz titular non houbese orzamento para ocupar a súa praza cun xuíz substituto baixo a argumentación de que o orzamento para substitucións se superara para o exercicio 2017".


Sobre iso, sinala que "de novo a carga deste xulgado terá que ser asumida polo xuíz de garda, polo que esta solución non só repercutirá a un xulgado, senón que haberá outro que se verá afectado por esta decisión".


Por outra banda, remarca que "chama a atención" o que ocorre nesta xulgado "xa que outras baixas e ausencias dos titulares doutros xulgados están a cubrirse con normalidade".


"DESAMPARO ORZAMENTARIO"


Para o decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto Pérez-Cepeda, o Xulgado de Violencia de Xénero "non pode vivir esta situación de desamparo orzamentario".


Ademais, afirma que a loita contra a violencia de xénero "ha de implicar a todas as institucións e organismos, polo que é fundamental que este compromiso pase por ter unha previsión dos posibles momentos no que o xulgado que atende de maneira específica estes casos non quede desatendido en ningún momento".


relacionada O Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña queda sen xuíz en agosto
relacionada A Coruña, indignada coa "parálise" do Xulgado de Violencia de Xénero

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE