​O Día Escolar pola Paz chega a colexios e ao pleno municipal

O Concello recibiu uns 30 alumnos para debater sobre a paz e a non violencia.


|

Pleno infantil santiagoFotografía del pleno 'escolar'. Foto: Concello de Santiago

O Salón de Plenos do Concello acolleu esta mañá unha sesión moi especial protagonizada por case 30 nenos e nenas do CEIP de Vite, que debateron sobre a paz e a non violencia xunto a integrantes da Corporación municipal.


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, foi o encargado de dirixir a sesión e repartir as quendas de palabra entre os seis grupos do centro, que propuxeron preguntas sobre a construción da paz, a súa definición ou o papel que teñen os nenos e nenas na configuración desa paz.


Dous dos alumnos do colexio, Idalina e Alén, quixeron trasladarlles aos seus compañeiros e compañeiras a historia de Wangari Maathai, activista política e ecoloxista kenyana e primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sustentable e a "cambiar as cousas a pesar das dificultades que se atopou".


O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, sinalou que "o que hai que facer para construír a paz é estar en paz cun mesmo e construíla de dentro cara a fóra". Martiño Noriega aseguro que "discrepar e discutir está ben, sen que iso signifique chegar a conflito", e puxo o foco na importancia da "empatía, en saber colocarse na posición do outro para garantir a paz".


Agustín Hernández, o portavoz do Partido Popular, asegurou que "que o mundo camiñe cara a paz ten moito que ver con que as xeracións futuras teñan un bo nivel de formación, para discernir o que está ben de o que está mal". Pola súa banda, o portavoz do PSOE, Paco Reyes, incidiu en que "a paz se empeza a construír respectando os dereitos dos nenos e nenas, erradicando a violencia sobre eles, e dándolle igualdade de oportunidades". Finalmente o portavoz do BNG, Rubén Cela, debullou o concepto de paz, afirmando que "a paz non só é que non haxa guerras, senón tamén construír un mundo máis xusto con dereitos para todos e todas".


TAMÉN O CELEBRAN OS MÁIS PEQUENOS


Doutra banda, as escolas infantís municipais celebraron conxuntamente o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, cun encontro no centro de Meixonfrío-Salgueiriños. Na actividade participou o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, quen sinalou que estas accións serven para "poñer en valor o traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano nas escolas de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños ao redor dos principios da paz, a cooperación e a solidariedade, na procura dun clima de harmonía, convivencia e respecto entre iguais".


relacionada O cambio do modelo de bombeiros das cidades precisa que "Madrid se implique"
relacionada A capital galega bate récords no seu continuado crecemento turístico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE