​Sanidade expedienta ao Concello polas análises da auga

Observa "reiteradas deficiencias e incumprimentos" nas análises do 2016 e 2017 e suspende o laboratorio municipal.


|

Auga billa


A xefatura territorial de Sanidade anunciou este martes a incoación dun expediente sancionador ao Concello de Vigo tras observar "reiteradas deficiencias e numerosos incumprimentos" nas análises de calidade da auga da billa realizadas polo laboratorio municipal. A sanción ascendería a uns 21.520 euros.


Así o avanzou en rolda de prensa o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, quen anunciou tamén unha suspensión temporal de funcionamento do laboratorio municipal vigués para a realización de análise da auga de consumo ata que non presente unha acreditación ou certificación.


Segundo sinalou, os inspectores de Sanidade detectaron 24 análise do citado laboratorio entre o ano 2016 e 2017 que reflectían que a auga non era apta para o consumo, cuxos informes non foron trasladados ás autoridades sanitarias.


relacionada O PP de Vigo volve cuestionar a calidade da auga da cidade
relacionada Marea de Vigo acusa ó goberno de Abel Caballero de trampear as análises de auga
relacionada Os informes autonómico e municipal pola auga dun colexio contradinse
relacionada ​A Xunta prohibe beber da billa en tres colexios por "desconfianza"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE