​O alcalde de Abadín leva "dez meses sen convocar o pleno" municipal

|

AbadinO rexedor, xunto a Rueda, en 2012. Foto: xunta.gal


O portavoz do grupo municipal do PSOE de Abadín, Pablo Díaz López, denunciou ante a valedora do Pobo, Milagros Otero, a "constante e reiterada vulneración do dereito de participación política", que recolle o artigo 23 da Constitución, por parte do alcalde, o popular José López Rancaño.


Así, denunciou que "leva dez meses sen convocar o pleno" municipal, o que "impide que os grupos da oposición, que representan ao 30 por cento dos veciños, poidan levar a cabo o seu labor construtivo, de control ou fiscalización".


O dirixente socialista denunciou que Rancaño "está mal gobernando o concello de forma totalmente autoritaria, impoñendo as súas decisións unilateralmente, deixando os grupos da oposición nunha clara situación de indefensión".


Sobre iso, lembrou que xa se presentaron en numerosas ocasións reclamacións, solicitando a convocatoria do pleno, e pedíronlle explicacións ao alcalde, pero "sen obter resposta". "Algo terá que dicir tamén respecto diso o Partido Popular de Elena Candia", preguntouse,


Precisamente, ao ser interpelada por esta cuestión, a presidenta do PP de Lugo descartou que lle vaia pedir explicacións ao rexedor de Abadín. "Pouco se pode comentar sobre iso, os compañeiros de Abadín terán unha explicación", limitouse dixo.


Así, preguntada por se preguntará as razóns desta situación, contestou que "non" se interesará por iso. "Ten uns servizos xurídicos (o concello) que velan polo funcionamento e o que temos en Abadín é un alcalde que de maneira continuada bate récords en canto apoio dos seus veciños", argumentou.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress