​Francisco Caamaño aposta por unha reforma constitucional "valente" coas identidades

|

Francisco caamanho


O ex ministro de Xustiza socialista Francisco Caamaño considerou que, "unha vez que as augas volvan ao seu curso", será necesario reformar a Constitución con "valentía" para solucionar o conflito independentista catalán, e deixou claro que "aqueles que incumpriron as leis" e o código penal "merecen ser sancionados".


"Hai que falar abertamente das cousas que nos afectan aos españois e recoñecer que, se hai algún tipo de singularidade, se cadra hai que poñela na Constitución", manifestou Caamaño, que sinala que, en todo caso, "é unha cuestión que afecta a todos e non a unha das partes".


O ex ministro de Zapatero pronunciouse deste xeito en declaracións aos medios antes de ofrecer unha conferencia en Santiago de Compostela sobre os desafíos aos que se enfronta España ante a secesión.


Na súa intervención, Caamaño sinalou que este conflito non só lle afecta a España, senón que outras democracias como Bélxica, Reino Unido ou Canadá tamén se enfrontaron a cuestións deste tipo. Así, explicou que hai estados que no seu proceso de constitución "manteñen sentimentos identitarios diversos", polo que considerou que o que hai que facer é "aprender a xestionalos desde a diversidade".


Neste punto, aínda que considerou que "aqueles que incumpriron as leis" e o código penal "merecen ser sancionados", mostrou a súa preocupación por que se "estea trasladando aos tribunais algúns temas que debería resolver a política".


relacionada A Constitución cumpre 39 anos co modelo territorial máis cuestionado
relacionada Sánchez replica a Rajoy: "Falar fálase do tempo, a Constitución actualízase"
relacionada ​Os parlamentos autonómicos reclaman un impulso para reformar o modelo territorial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress