​Rajoy non bloqueará as transferencias ás comunidades aínda que non aprobe os Orzamentos

|

Rajoy focos

Rajoy retráctase das súas palabras sobre discriminación salarial.

O presidente do Goberno quere que os Orzamentos Xerais do Estado para 2018 se aproben en Consello de Ministros antes do 31 de marzo e garantiu que "fará todo canto estea nas súas mans" para chegar a un acordo que o permita.


En todo caso, o Goberno "séntese cómodo" cos orzamentos de 2017 prorrogados, salvo en partidas que corresponden ás comunidades autónomas e que, de momento, o Executivo mantén bloqueadas. "Se isto non vai na Lei de Orzamentos, habería que aprobalo por Real Decreto", indicou o presidente.


Rajoy tamén aproveitou unha entrevista en TVE para retractarse das súas declaracións sobre a brecha salarial e comprometeuse a que o seu Executivo "dea todas as batallas" para reducir a discriminación salarial, ao mesmo tempo que apelou á responsabilidade dos empresarios "para que sexan xustos e equitativos".


O xefe do Executivo recoñece agora que a lexislación actual "non permite que a igual traballo e o mesmo número horas haxa diferente soldo".


relacionada ​O PSOE esixe que Montoro lles entrege ás comunidades os 4.700 millóns comprometidos
relacionada Montoro conxela 321 millóns de euros a Galicia como "chantaxe" para aprobar os Orzamentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress