O pleno de investidura queda adiado ata ter "garantías" e o TC reafirma as súas medidas

|

Torrent Presidente Parlamento

Torrent durante a sua intervención. 


O presidente do Parlament, Roger Torrent, anunciou o adiamento da sesión de investidura convocada nun principio para este martes e anunciou que se celebrará cando sexa nun escenario degarantías” e que o único candidato para a presidencia é Puigdemont.


Tras o auto ditado polo Tribunal Constitucional prohibindo a investidura telemática do ex president, a Cámara catalá dá este xiro coa intención de garantir a súa “inmunidade”. Así, o debate e a votación para investir ao novo presidente de Cataluña queda posposta ata que se poida garantir unha investidura “de forma efectiva e sen inxerencias".


Podes ampliar esta información en CatalunyaPress


O TC REAFIRMA AS MEDIDAS CAUTELARES


O Pleno do Tribunal Constitucional ( TC) rexeitou anular, tal e como lle pedían o ex presidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont e o resto de deputados electos de Junts per Catalunya (JxCat), o auto polo que o pasado sábado impuxo determinados requisitos ao Pleno de investidura previsto inicialmente este martes no Parlament.


As medidas cautelares, que seguen por tanto vixentes, pasan por prohibir unha eventual investidura telemática ou por delegación e a esixencia de que o candidato conte con autorización xudicial para acudir á Cámara.


A deliberación dos maxistrados do TC iniciouse apenas unhas horas despois de que o presidente do Parlament anunciase a suspensión da sesión de investidura en espera de coñecer os próximos pasos do tribunal de garantías. Os once maxistrados presentes adoptaron esta decisión de forma unánime tras apenas hora e media de reunión.


Explica con máis detalle os argumentos do TC a información de Catalunyapress.


relacionada ​Puigdemont pide que o presidente do Parlament lle garanta a inmunidade para acudir á investidura
relacionada ​Santamaría: "O camiño que ten que seguir Puigdemont é o do Supremo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress