​Gas Natural Fenosa lanza cunha ducia de chefs o 'Círculo de eficiencia enerxética'

|

Circulo eficiencia chefs gnf


Gas Natural Fenosa presentou o 'Círculo de Eficiencia Enerxética', unha iniciativa á que xa se adscribiron unha ducia de chefs de recoñecido prestixio internacional que suman entre todos 31 estrelas Michelin.


En concreto, uníronse Oriol Castro (dúas estrelas), Quique Dacosta (tres estrelas), Ricard Camarena (unha estrela), Marcos Morán (unha estrela), Juan Mari Arzak e Elena Arzak (tres estrelas en España e unha en Londres), Rodrigo de la Calle (unha estrela), Nacho Manzano (dúas estrelas), Diego Guerrero (dúas estrelas), Mario Sandoval (dúas estrelas), Martín Berasategui (oito estrelas), Ángel León (tres estrelas), e os irmáns Sergio e Javier Torres (dúas estrelas).


A iniciativa, tal e como informa a compañía nun comunicado, "ten como obxectivo axudar aos propietarios de establecementos de restauración a ter un consumo de enerxía responsable". Para iso, pon á súa disposición diferentes ferramentas entre as que destaca Smart Energy Tool, un servizo que analiza os datos de consumo enerxético dun negocio.


Así mesmo, un equipo de expertos de Gas Natural Fenosa realizarálle unha auditoría enerxética personalizada a cada restaurante, co fin de aconsellar as mellores prácticas nos seus hábitos de consumo enerxético permitindo, desta forma, o aforro de custos e a redución do impacto ambiental da súa actividade.


SMART ENERGY TOOL


Smart Energy Tool é "unha nova ferramenta que contribúe á optimización dos consumos enerxéticos".


Grazas a ela e mediante un servizo baseado nun sistema de monitoraxe enerxética, o cliente recibe unha serie de alertas sobre "imprevistos, informes periódicos sobre os consumos e o acceso a unha aplicación web co obxectivo de axudarlle ao cliente a xestionar a súa enerxía, achegando o coñecemento sobre os seus consumos en detalle de forma sinxela".


relacionada Gas Natural Fenosa lanza Nedgia Galicia, a súa nova marca de distribución de gas
relacionada Gas Natural e os hostaleiros coruñeses prolongan o seu convenio
relacionada Julio Gonzalo, novo director de Unión Fenosa Distribución en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress