​Santamaría: "O camiño que ten que seguir Puigdemont é o do Supremo"

A vicepresidenta do Goberno asegura que non se sente cuestionada tras a decisión do Constitucional.


|

Santamaria almorzo


A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, asegurou este luns que a decisión do Tribunal Constitucional de prohibir a investidura de Carles Puigdemont se non asiste ao Pleno do Parlament é unha "boa noticia" e recalcou que "en absoluto" se sente cuestionada porque o Executivo cumpre coa súa "obrigación".


Despois de que Puigdemont dixera que pedirá autorización xudicial para asistir ao Pleno de investidura, a vicepresidenta lembroulle que se vén a España, o TC dixo "clarísimamente" que ten que "poñerse a disposición xudicial". "Ese é o camiño que ten que seguir Puigdemont, o camiño do Tribunal Supremo", apostilou.


Segundo explicou, o TC sinala que non se pode celebrar un pleno de investidura sen a presenza "física" do candidato e que "o señor Puigdemont non pode ir a ese pleno sen poñerse a disposición da Xustiza".


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada ​O TC suspende o pleno de investidura de Puigdemont se trata de facerse a distancia
relacionada O Goberno leva ante o TC o seu recurso contra a investidura de Puigdemont
relacionada Puigdemont ve posible estar presente no pleno do Parlament

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE