​As cinzas de Man de Camelle descansan xa na súa casa museo

O Concello de Camariñas e o museo na súa honra rendéronlle homenaxe a Manfred Gnädinger nun acto "emotivo".


|

Man camelle camarinhas homenaxeFamiliares de Manfred desprazáronse a Camelle.


O Concello de Camariñas e o Museo Man de Camelle rendéronlle este sábado homenaxe a Manfred Gnädinger con motivo do aniversario do nacemento do artista.


Segundo explicou o responsable do Museo Man de Camelle, Juan Carlos Canosa, a Europa Press, o acto foi "moi emotivo" e as súas cinzas descansan xa na súa casa museo.


No acto interviñeron numerosas persoas, entre elas Concepción Regueira 'Chita', veciña de Camelle e amiga persoal de Man. Tamén interviñeron Mercedes Martín, impulsora da conservación do seu legado, e Simón Vázquez, do documental 'Man home sen paz'.


Finalizou cunhas palabras da familia de Man representada na voz do seu sobriño, Clemens Gnädinguer. Para pechar, interviu o alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León.


Ao final, o irmán de Man, tamén presente, entre outros familiares, deu as grazas polas mostras de agarimo visiblemente "emocionado", segundo describiu Canosa.


Finalmente, trasladáronse as cinzas do artista a súa casa-museo, onde foi enterrado en intimidade.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE