​O Dépor bota por terra en catro minutos o traballo de todo o partido

|

Depor levanteRiazor viu marchar a vitoria. Foto: RC Deportivo


Riazor contaba xa con quedar cos tres puntos ante o Levante, ao que o Dépor vencía por 2-0, cando viron como nos últimos minutos os valencianos fixeron valer o seu dominio para empatar o encontro.


O Dépor pechou unha primeira parte agridoce, coa lesión de Sidnei, un cartón vermello por dobre amarela para Celso Borges no minuto 34, pero dous goles a favor.


Primeiro anotou Adrián, de cabaza, tras un saque de falta de Lucas Pérez, aos 19 minutos de xogo. O dianteiro coruñés foi o sacrificado minutos despois para recompoñer o equipo tras quedar cun menos.


O segundo chegou das botas de Andone xusto ao bordo do descanso. O romanés enganou o seu defensa cun desmarque que o deixou ante o porteiro do Levante para axustar o balón ao primeiro pau.


Tras a continuación, o guión do partido foi similar. Os valencianos, apertando ao Dépor, que buscaba aproveitar as súas oportunidades ao contraataque.


Non foi ata o 81 cando tiveron froitos os visitantes. Un desaxuste defensivo na frontal da área deixoulle ao Levante armar un disparo desde un costado que Schär acabou desviando dentro da portería.


Só catro minutos despois, Ivi, autor do disparo do primeiro gol, recibiu só na frontal da área un rexeite dun córner, que axustou o balón ao pau da portería de Rubén, onde non puido chegar o gardameta.


"Cagámola outra vez", manifestou nos micrófonos de televisión Florin Andone ao final do encontro. "Temos que aprender a pechar os partidos, non se nos poden escapar os tres puntos sendo moi superiores, este non é o camiño", reprochou, ante a falta de "contundencia".


"Isto só nos pasa a nós", lamentou Andone, insistindo en que "tivemos o partido onde queriamos e case rezamos para non perder". O Dépor queda con 17 puntos, a dous do Levante, un rival directo ao que lle tivo gañado o golaveraxe durante a maior parte do encontro.


relacionada ​Augusto Fernández dille 'non' ao Dépor para ir a China
relacionada ​Borges: "Necesitamos todos unha vitoria"
relacionada ​Cristóbal bota a Çolak do adestramento pola súa actitude

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress