​Non haberá palacio da ópera no Gaiás, será un gran xardín

O baleiro deixado pola paralización do Teatro da Música reinvéntase.


|

Opera gaiasBaleiro deixado pola obra.


A Consellería de Cultura puxo en marcha a transformación do baleiro deixado pola paralización do Teatro da Música do Gaiás nun xardín de 11.574 metros cadrados, denominado Xardín do Teatro, que contará con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques, instalacións para practicar deportes urbanos e áreas de lecer para gozar da natureza.


A intervención terá custo cero para a Xunta, xa que se financiará a través dunha reestruturación dos orzamentos xa aprobados para a Cidade da Cultura, transferindo a esta actuación unha partida de 1,8 millóns de euros consignados á segunda fase da urbanización do complexo.


Con esta área verde, avánzase no plan para optimizar o uso dos espazos exteriores e resólvese o impacto estético negativo que supón o oco deixado pola paralización do Teatro da Música. O proxecto enmárcase no Plan de Humanización do Gaiás, un programa de actuacións no que se está desenvolvendo a segunda fase do Bosque de Galicia e no que se levou a cabo o Xardín Literario, o Parque do Lago e o da Balea.


As obras estarán finalizadas en 2019. En total plantaranse 3.840 plantas e 187 árbores de 30 especies procedentes de zonas con clima oceánico e morno, de países como Xapón, Nova Zelandia, a costa noroeste dos Estados Unidos ou a costa sur de Chile.


relacionada Gaiás albergará un repaso á historia de Galicia por medio da arte
relacionada A Cidade da Cultura convida os cidadáns a realizar plantacións simbólicas de árbores
relacionada Noriega chama a compensar con "viabilidade" os "desacertos" do Gaiás
relacionada Xunta e Concello promoven unha ruta peonil do centro histórico ao Gaiás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE