​Augusto Fernández dille 'non' ao Dépor para ir a China

Na Coruña, Cristóbal deixa a Çolak fóra da lista de convocados, como castigo polo incidente.


|

Augusto fernandez atleticoAugusto Fernández subliña o seu pasado celeste.


A poucos días do peche do mercado de inverno, o Dépor ten que seguir buscando candidatos para o centro do campo, tras o 'non' recibido por parte de Augusto Fernández. Tal e como informa Radio Coruña, "máis aló das súas dúbidas sobre o proxecto herculino", o xogador asegurou que o seu rexeitamento está motivado polo seu pasado celeste.


O xogador buscaba os minutos que non ten no Atlético, para gañar o sitio no Mundial de Rusia, pero tras este revés para o Dépor, distintos medios dan por feita a súa saída á Superliga de China, ao Beijing Renhe. Ao parecer, cobrará máis do dobre que no equipo madrileño.


Así, sen novos reforzos, o Dépor afronta este partidos ante o Levante como un choque onde os tres puntos son "vitais". Recoñéceo Cristóbal, que aínda que cre que "loxicamente a ansiedade non é boa", augura que "no caso de gañalo veriamos todo de maneira diferente e seguro que nos axudaría a afrontar os seguintes partidos".


Non está na lista de convocados Emre Çolak, por decisión técnica. O adestrador deportivista declarou este venres que para el "non é un malentendido" e que "non podemos permitir segundo que comportamentos". "Avisaramos de que o que non traballase como debía de facelo mellor que non estivese e non entorpecese aos demais", reprochou.


relacionada ​Borges: "Necesitamos todos unha vitoria"
relacionada ​Cristóbal bota a Çolak do adestramento pola súa actitude
relacionada O Deportivo anuncia as súas primeiras incorporacións invernais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE