​Noriega reclámalle "lealdade" a Ethel Vázquez pola intermodal

O alcalde de Santiago repróchalle á conselleira que se comunique con el por carta, que "atrasa" as respostas


|

Ethel vazquez noriega


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pediulle a Ethel Vázquez "un pouco de lealdade institucional" en relación aos accesos da futura estación intermodal, xa que o Concello de Santiago "está a facer o seu traballo" e non comprende que alguén "se preocupe" por cerciorarse de que isto sexa así.


A preguntas dos medios sobre o cruzamento de cartas coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en relación a esta cuestión, Martiño Noriega asegurou que "sempre" estivo para "responder as chamadas" da conselleira no caso de que "tivese algunha preocupación", polo que non entende que agora as comunicacións se realicen por carta.


Así mesmo, o alcalde de Santiago explicou que a comunicación entre institucións por carta non é a máis efectiva, xa que "atrasa" a recepción da mensaxe e abre a porta a especulacións do "debate mediático".


relacionada ​Os terreos da intermodal estarán dispoñibles en marzo
relacionada ​A intermodal "coloca a capital no século XXI en materia de mobilidade"
relacionada ​Fomento presenta pola súa conta a intermodal de Santiago e chama ao alcalde a última hora

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE