Viaqua demostra a súa implicación o Día Mundial da Educación Ambiental

A concienciación ambiental é unha das principais preocupacións da empresa de servizos do ciclo integral da auga.


|

Viaqua alumnosAlumnos durante unha visita ás instalacións de Viaqua.


Como todos os 26 de xaneiro, Viaqua mantén o seu compromiso co medioambiente no Día Mundial da Educación Ambiental. A empresa reafirma a súa vontade de coidar o medioambiente e garantir o uso sustentable dun ben tan prezado como é a auga. Desta forma, Viaqua aposta pola divulgación e a concienciación por medio do ensino. Así, ata 3.600 escolares galegos beneficiásense dos ensinos de Viaqua para respectar o medioambiente e facer un uso responsable da auga.


“Unha contribución á difusión da cultura da auga que implica tamén a centros educativos de ESO e Bacharelato/FP nas convocatorias anuais do CertameLiterarioRelatos de auga intelixente”, no que xa participaron máis de 1.500 estudantes ao longo das súas catro edicións” reza o comunicado emitido por Viaqua. Ademais, o programa ‘Aquología’ tamén está destinado a concienciar aos máis novos.


Do mesmo xeito, o compromiso de Viaqua coa concienciación relacionada coa problemática ambiental non termina nas escolas, senón que se estende a colectivos de adultos ou estudantes universitarios con visitas ás instalacións de depuración e potabilización para, segundo a empresa, “coñecer ce primeira man o ciclo integral e urbano da auga e buscando identificar as relacións de interacción que se dan entre a contorna media ambiental e a actividade do home”.


A celebración deste día mundial orixinouse en 1975, en Belgrado, durante o Seminario Internacional de Educación Ambiental onde se estableceron os principios fundamentais da educación ambiental no marco dos programas das Nacións Unidas.

relacionada ​Novas instalacións de Viaqua súmanse a un programa de avistamento de aves
relacionada O IV Certame Literario de Viaqua acolle máis de 500 microrrelatos de escolares
relacionada Viaqua mellora as medidas de conciliación dos seus traballadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE