​As cifras de reforzos en urxencias ocultan persoal con "20 contratos por mes"

|

Urxencias cartel hospital


A CIG reclamoulle ao presidente autonómico que aclare se o "presunto reforzo" de 3.141 contratos no Sergas nos últimos 23 días corresponde a "contratos asinados ou persoas contratadas".


A central nacionalista saíu ao paso este xoves das palabras de Núñez Feijóo quen, o pasado mércores na Cámara galega, asegurou que nos últimos 23 días se fixeron máis de 3.000 contratos para paliar a situación das urxencias. Deles, segundo Feijóo, 2.435 corresponden a persoal de enfermería e outro persoal sanitario e 470 a persoal doutros departamentos.


A CIG pediulle ao xefe do Executivo autonómico que explique se estes datos "se refiern á contratación de persoas ou ao número de contratos asinados nese período, tendo en conta que o persoal está a asinar unha media de 20 contratos por mes".


Así, indica que, no caso de que se trate de contratos asinados, esa cifra supoñerá que "neses 23 días só se incorporaron 16 profesionais médicos" en lugar dos máis de 300 dos que fala Feijóo. "Unha situación parecida ocorre coas contratacións do persoal de enfermería", engade a CIG.


A CIG lembra que na sanidade pública galega "danse casos de extrema precariedade" e que "mesmo" hai médicos "que teñen dous contratos por día: un para realizar a atención ordinaria en primaria pola mañá e outro pola tarde en atención continuada para cubrir as gardas dos PACs".


Así as cousas, acusa o Goberno galego de ofrecer datos "para a opinión pública" que son "completamente diferentes" aos que manexan as organizacións sindicais "ás que o Sergas nunca informa respecto do número de contratacións realizadas".


Por tanto, a CIG reclama a Feijóo "que deixe de xogar cos datos" e aclare se "ese presunto reforzo" é "real" ou corresponde a "un síntoma máis dos recortes na sanidade pública e a precarización laboral".


relacionada ​Feijóo anuncia 20 novos centros de saúde esta lexislatura
relacionada ​Almuiña sostén que Galicia pasou o peor da gripe "hai un par de semanas"
relacionada ​O PP aposta por dar altas con máis rapidez e non por ter máis persoal nos hospitais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress