​O PSOE aposta por un pacto de estado en Sanidade que sele un acordo de mínimos

Pilar Cancela defende a descentralización do sistema, pero con prestacións comúns.


|

Hospitalneumonia


A deputada socialista nas Cortes Pilar Cancela chamou a alcanzar un pacto de estado en materia de Sanidade que aposte pola "descentralización" e que lle poña freo "ás privatizacións" e "a precariedade" do persoal sanitario.


Así se expresou a parlamentaria pola Coruña do PSOE nunha entrevista realizada este xoves nos almorzos da Radio Galega, onde remarcou que a súa aposta pasa pola "descentralización" do sistema sanitario, algo que non ve contrario a que exista "un acordo de mínimos" sobre as prestacións en cada comunidade autónoma.


"Un pacto en materia sanitaria é necesario. Non pode ser que un teña máis ou menos prestacións en Galicia que en Andalucía. Nós apostamos por un modelo de descentralización, pero debería existir un acordo de mínimos", incidiu.


Para Cancela a xestión do sistema sanitario "non é óptima" e, ao seu xuízo, ante "as privatizacións, as listas de espera e a precarización laboral do persoal sanitario" as forzas políticas deberían sentar e alcanzar un acordo.


En canto ao debate sobre o novo modelo de financiamento autonómico, Pilar Cancela remarcou que o mantemento do Estado de Benestar debe primar por encima de todo e que os criterios de despoboamento ou envellecemento demográfico teñen que contar á hora de repartir o diñeiro entre as comunidades.


relacionada ​Cidades e vilas acollen concentracións contra a norma que reduce áreas sanitarias
relacionada ​O PSdeG presenta unha emenda de devolución contra a polémica Lei de Saúde
relacionada Chaman a defender a sanidade pública na "primeira gran manifestación do ano"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE