​A central das Pontes mellora o seu funcionamento con medidas deseñadas polo persoal

En 2017, Endesa aforrou 16 millóns e reduciu emisións de CO2 grazas ás ideas dos traballadores.


|

Central pontes endesa


A central de ciclo combinado de As Pontes logrou un aforro económico e reduciu emisións de CO2 grazas á implantación de medidas deseñadas polo persoal, que conseguiron un "substancial avance no funcionamento das torres de refrixeración da instalación".


Precisamente, por esta actuación recibiu o IV Premio BYEM á Mellora Operativa 2017, uns premios que se dirixen aos empregados das centrais que utilizan como combustible carbón, fuel ou gas natural de Endesa. As ideas presentadas polos traballadores supuxeron un aforro de 16 millóns de euros en 2017, segundo informou a entidade.


O responsable de mantemento eléctrico da central de ciclo combinado das Pontes e líder do proxecto que se desenvolveu nesta central, Pablo Sánchez, indicou que o sistema de refrixeración consiste nun circuíto pechado cunha torre de refrixeración de 16 celas, de tipo húmido e tiro mecánico, que utiliza auga do Eume.


A torre tiña un único tipo de regulación, o que significa que a forma de conseguir aforro enerxético era baixando a velocidade dos ventiladores, para diminuír o consumo de enerxía sempre que, pola hora do día ou a época do ano, as temperaturas do bulbo húmido sexan menores ás de deseño. Esta situación, explica, fai aumentar a capacidade de arrefriado da torre, "podendo reducir o fluxo de aire variando a velocidade dos ventiladores de tiro forzado".


Con este sistema conséguese un aforro enerxético medio do 22% no consumo eléctrico das torres, alcanzando unha rebaixa máxima do 48% nos meses de xaneiro e febreiro.


O responsable da instalación, Pablo Blanco, destacou que a integración e particularización do sistema de aforro enerxético da central foi realizado "integramente" polo persoal de mantemento eléctrico, que contou coa colaboración do persoal de planta, "minimizando así o custo da instalación do sistema".


relacionada Masa Galicia gaña o premio á excelencia preventiva de Endesa
relacionada A central das Pontes alcanzou o 100% dos seus obxectivos ambientais de 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE