Activada a alerta laranxa no litoral da Coruña por temporal

|


Temporal

Fonte: AEMET


A dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alertou dun temporal de nivel laranxa que afectará o noroeste e oeste da provincia da Coruña.


Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da tarde deste xoves espérase mar combinado do noroeste, con ondas de entre 5 e 6 metros. No resto do litoral, a partir desta tarde, espérase alerta amarela con mar combinado do noroeste.


Doutra banda, a Xunta lembrou á poboación a importancia de seguir determinadas medidas de protección, como evitar aproximarse a diques ou rompientes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas.


Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta coa información meteorolóxica e con ligazóns de interese.


ALERTA AMARELA POR NEVE


A partir deste xoves, activarase tamén a alerta amarela por acumulación de neve nas provincias de Lugo e Ourense. Espérase a acumulación de cinco centímetros ao redor de 800 metros de altitude e superiores aos 15 centímetros a partir dos 1.000 metros.

relacionada ​Os concellos fan balance dos danos provocados polo temporal
relacionada O peor do temporal deixa ondas de case dez metros na costa da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress