​Feijóo anuncia 20 novos centros de saúde esta lexislatura

O presidente defendeu o reforzo contratado para as urxencias, mentres Villares lle reprochou o recorte de prazas de persoal sanitario.


|

Consulta medica centro saúde



O presidente da Xunta avanzou que dará luz verde este xoves á construción de 20 novos centros de saúde en toda Galicia ata 2020, no que supón un reforzo da atención primaria, e defendeu que no último mes se fixeron máis de 3.000 contratos para paliar a situación das urxencias.


O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, xa adiantou hai dúas semanas que cada día reforzaban as urxencias cun cento de profesionais. Tocan, por tanto, a uns 7 traballadores por hospital, a repartir entre as tres quendas do día.


COLAPSO DA ATENCIÓN SANITARIA


O anuncio da construción de novos centros feito polo máximo mandatario autonómico, que se concretará este xoves na reunión do seu goberno, tivo lugar na sesión de control parlamentaria, durante a cal o portavoz de En Marea, Luís Villares, botoulle en cara o "colapso" da sanidade pública e as esperas de máis de "seis" horas nos servizos de urxencias, algo que deduciu que Feijóo descoñecía por non ser usuario --acusou-- do servizo "público".


"Desde que vostede goberna, eliminou 1.795 prazas de persoal sanitario, 1154 en Atención primaria e 641 en hospitais", indicou Villares.


"Eliminaron 513 médicos, case dous por concello", recriminoulle o portavoz de En Marea a Feijóo. "O Partido Popular está desmantelando o sistema de Atención Primaria, o médico de cabeceira, que debería resolver o 95% dos casos e cando se desmantela a Atención Primaria, as listas de espera para unha simple consulta dispáranse durante días ou semanas, e a xente decide ir a Urxencias. Acuda vostede ata alí e escoite as persoas que esperan durante horas nos corredores".


Nas súas respostas, o presidente da Xunta defendeu que desde que chegou ao Goberno en 2009 baixou a espera media para intervencións cirúrxicas (agora en 15 días para prioridade uno) e estanse facendo 19.000 intervencións máis ao ano.


Para Villares, o decreto de garantías na prestación sanitaria establece un sistema perverso: se as listas de espera superan 45 ou 60 días, derívase á privada. "Curioso", díxolle Villares a Feijóo, "recortar en persoal público ocasiona lista de espera que solucionará persoal de centros privados, ese é o seu negocio". "Mentres iso pasa, plantas enteiras de hospitais permanecen pechadas, e persoal cualificado na súa casa ou con contratos lixo", precisou.


"Onte en Santiago, 30 enfermos estiveron a esperar dun día para outro para ser internados por falta de camas; no Meixoeiro de Vigo, 22 persoas, cunha situación tan calamitosa que lles fixo entrar en razón e abrir todos os recursos pechados desde a inauguración do Cunqueiro e en Ourense os traballadores están pechados no centro denunciando o esgotamento do persoal, a falta de medios e a falta de espazo para traballar", reprochou Villares.


relacionada ​Almuiña sostén que Galicia pasou o peor da gripe "hai un par de semanas"
relacionada Médicos advirten de que se espera "outro pico de gripe" que volverá provocar colapsos
relacionada ​Dous días de peche no hospital de Ourense sen unha chamada da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE