​Denuncian o "ton ameazante" dun edil do PP cunha voluntaria viguesa

"Chegaremos ata o final", asegura o Goberno de Vigo sobre o incidente coa recollida de firmas de 'Cíes Patrimonio da Humanidade'.


|

Miguel Fidalgo vigoMiguel Fidalgo é concelleiro e senador. Foto: PP de Vigo

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o "comportamento indigno" do edil e senador do PP, Miguel Fidalgo, ao que acusaron de dirixirse "de moi malas maneiras" a unha voluntaria da campaña de recollida de firmas en apoio da candidatura de 'Cíes Patrimonio da Humanidade'.


Segundo explicou en rolda de prensa o portavoz do goberno local, Carlos López Font, o concelleiro Miguel Fidalgo dirixiuse a unha das mesas de recollida de firmas, na rúa Gran Vía, e esixiulle a unha das voluntarias que lle deixase fotografar o libro de firmas, a pesar de conter datos de carácter persoal.


Todo iso fíxoo, segundo López-Font, "con moi malas formas, exhibindo a súa condición de concelleiro en ton ameazante", e contando coa "complicidade" da portavoz do PP, Elena Muñoz, que "aplaudía" e seguía a escena "nunha cafetería próxima".


"Antes de ser concelleiro e senador hai que ser persoa, educado e respectuoso cos voluntarios", afirmou o portavoz do goberno vigués, quen apuntou que o ocorrido é "a mellor demostración de que o PP de Vigo está absolutamente desesperado" e enmárcase no "boicot" dos 'populares' á campaña en favor de 'Cíes Patrimonio da Humanidade'.


"Estamos indignados, faremos chegar isto ao Senado, e chegaremos ata o final coa denuncia", sinalou, sen aclarar que medidas adoptará o goberno local ou se a voluntaria interpelada presentou denuncia por estes feitos.


relacionada ​O PP chámalle a Caballero "líder bolivariano de Ponteareas"
relacionada Marea de Vigo acusa ó goberno de Abel Caballero de trampear as análises de auga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE