​Comeza a recollida de mostras para acoutar a presenza de lindano

|

Lindano asfalto porrinoRestos de lindano baixo o asfalto.


Os traballos de prospección e recollida de mostras no lugar do Contrasto, no Porriño, iniciáronse na mañá deste martes para concretar os puntos nos que o chan está contaminado por lindano e calcular o volume que hai que retirar desta substancia.


Segundo informaron a Europa Press fontes municipais, ao longo desta semana prevese realizar entre 25 e 30 catas. A Xunta comunicou a pasada semana que as mostras se van recoller en tres camiños do Contrasto "nos que hai evidencias claras da presenza do insecticida".


Estes labores "completarán o estudo preliminar encargado por Medio Ambiente a unha empresa especializada o pasado setembro". A dita análise preliminar constatou a presenza de lindano nesta zona e derivou no peche de varios pozos e fontes.


relacionada ​As últimas análises non atopan lindano na auga do Porriño
relacionada Admitida a denuncia polas verteduras dun pesticida canceríxeno no Porriño
relacionada Clausurados sete pozos no Porriño debido a contaminación por lindano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress