​Eladio y los Seres Queridos presentan o seu novo disco o 2 de febreiro na Coruña

A sala Mardi Gras acollerá a presentación de 'Historias de caza'.


|

Eladio seres queridos


Eladio y los Seres Queridos actuarán o próximo 2 de febreiro, a partir das 23,00 horas, na Sala Mardi Gras da Coruña, onde presentarán o seu novo disco 'Historias de caza'.


Tras gañar o Premio MIN da Música Independente 2017 a mellor álbum en galego por 'Cantares', Eladio y los Seres Queridos volven á súa contorna natural co disco 'Historias de caza'. "32 minutos de perfecta factura pop coas melodías e refráns ás que o grupo nos ten afeito e letras de Eladio Santos que, unha vez máis, escribe actualizando con brillantez canons clásicos desde a naturalidade e a frescura", explica a organización.


Neste disco a banda traballou na composición dalgúns temas con Jorge F. Ojea, Pablo Lesuit e Esther Zecco. Ao contrario que nos anteriores traballos, o disco foi producido e gravado polo mesmo grupo no seu estudo caseiro.


"Ese clima permitiulles facer un disco atrevido, cheo de cores e dinámica, con ritmos e timbres que nunca manexaran antes. Tanto é así que mesmo incluíron unha versión da 'Leyenda del tiempo' de Camarón", engaden as mesmas fontes.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE