​"Paisaxe ordenada e urbanismo sustentable", eixos da nova Lei de Ordenación do Territorio

Mato defende que a actualización da norma que leva 20 anos vixente reforzará a "protección".


|

Paisaxe territorio


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzou que o seu departamento presentará no próximo mes de febreiro a nova Lei de Ordenación do Territorio para "actualizar" unha norma que leva xa máis "20 anos de vixencia".


Beatriz Mato fixo este anuncio durante a súa comparecencia no pleno do Parlamento de Galicia, na que deu conta sobre as liñas estratéxicas da súa Consellería para o presente exercicio.


"Son a mostra do gran compromiso da Xunta coas políticas que permiten dotar a Galicia dunha paisaxe ordenada e dun urbanismo sustentable", manifestou Beatriz Mato, que destacou a aposta do Goberno galego por "implementar un novo marco" que colocará á Comunidade galega "na vangarda da protección do territorio".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE