​Romay Beccaría aposta por "rebaixar un pouco" competencias do sistema autonómico

O presidente do Consello de Estado e mentor político de Feijóo rexeita máis descentralización sen "igualdade" entre territorios.


|

Romay beccaria feijooRomay Beccaría recibiu en 2017 a Medalla de Galicia. Foto: xunta


O presidente do Consello de Estado e mentor político de Feijóo, o galego José Manuel Romay Beccaría, sinalou este martes que "non fai falta descentralizar máis" o Estado e remarcou que "a pregunta que debe de terse en conta se se fai algunha reforma da Constitución é se o Estado ten poderes suficientes para garantir a solidariedade entre as comunidades autónomas".


En declaracións a COPE, Romay insistiu en que, para unha modificación do Estado das Autonomías, "hai que considerar" se actualmente o Estado "ten poderes suficientes" para garantir "a cooperación", "a igualdade e a solidariedade" dos territorios. "Esa é a pregunta que debe terse en conta se se fai algunha reforma da Constitución", apostilou.


Ao seu xuízo, o Estado das autonomías "non fallou" pero "hai cousas que hai que rebaixalas un pouco". Neste sentido, lembrando un informe do Consello de Estado do ano 2006 que aplaude o sistema autonómico, Romay insistiu en que non fai falta unha maior descentralización de competencias dos territorios.


Así mesmo, lembrou que para reformar a Constitución é necesario que haxa "moito consenso" e "altos niveis de acordo". E preguntado polo auxe do nacionalismo en Cataluña, defendeu que este "non é un problema do Estado autonómico" senón que "é un problema dalgúns que polo que sexa se separaron dese consenso".


relacionada ​Feijóo foxe do debate da súa sucesión, pero cre que será "máis fácil" que a de Fraga
relacionada Feijóo nega a súa saída cara a Madrid e descarta "unha cuarta lexislatura" en Galicia
relacionada ​Ana Pontón: "Feijóo está a facer que Galicia quede atrás"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE