​Zoido defende a prisión permanente chamando a "poñerse na pel" das familias

|

Zoido bandeira

A petición online supera 1.300.000 firmas.

O Ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, asegurou "non comprender a obsesión" dos partidos políticos que promoven a derrogación da pena de prisión permanente revisable e pediu "poñerse na pel" das familias cuxos fillos foron asasinados ou están desaparecidos.


"Chámame a atención que haxa unha obsesión por reformar a prisión permanente revisable que é plenamente constitucional e está prevista para casos de gran gravidade e cando se vexa que hai unha recuperación por parte do culpable pódese revisar", indicou Zoido nunha entrevista en Antena 3.


O titular de Interior asegurou estar "asombrado como pai de familia" pola posición de partidos como "PSOE, Podemos, PNV e Pdecat que están obsesionados" e asegurou contundente ser "partidario total da permanencia desa pena" no noso Código penal.


"Cantas Diana Quer hai por España, pensemos en tantos pais de Diana que están a esperar que esa prisión permanente revisable non se elimine e que poida impoñerse unha pena que é legal e constituiconal para quen comete atrocidades", indicou.


Este martes, a petición na internet que lle reclama ao Congreso dos Deputados a non derrogación da condena supera as 1.300.000 firmas, cun avance máis lento que en días pasados.


En canto ao caso de Marta del Castillo, cuxo cadáver segue sen acharse, Zoido lembrou a "relación estreita" que lle une á familia da moza e asegurou que a Policía Nacional "vai seguir buscando". Referiuse tamén ao Centro Nacional de Desaparecidos que "xa está a dar os seus froitos".


relacionada ​A campaña na rede pola prisión permanente revisable, a máis existosa da historia
relacionada Juan Carlos Quer mostra publicamente o seu apoio á prisión permanente revisable

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress