​Localizan no Arquivo da Catedral de Santiago un plano inédito do século XVIII

Está asinado polo recoñecido arquitecto barroco Clemente Fernández Sarela e data do século XVIII.


|

Plano catedral xviiiImaxe do plano achado. Foto: @CatedralStgo


Investigadores do Arquivo da Catedral de Santiago localizaron un plano inédito asinado polo recoñecido arquitecto barroco Clemente Fernández Sarela e datado do século XVIII.


Segundo informaron fontes da basílica compostelá e recolle a publicación do Arquivo Galicia Histórica, trátase dun debuxo de arquitectura civil privada do século XVIII, que foi localizado dentro dun cartapacio que agrupa documentos soltos, cadernos pequenos e expedientes relativos a arranxos de casas da cidade pertencentes á Catedral.


O plano, asinado o 24 de agosto de 1763, viña adxunto a un informe dirixido por Sarela, entón aparellador da Catedral, ao deán e ao Cabildo en relación a un edificio situado na rúa Nova. Xunto a este informe aparece outro posterior, dirixido polo arquitecto Lucas Antonio Ferro Caaveiro, no que dá conta da visita á obra, dirixida a mellorar a habitabilidade da casa.


O plano consérvase "encartado e en bo estado", apuntan desde o Arquivo, e é un manuscrito orixinal en tinta negra e cores. Na súa seu parte posterior figura unha anotación que reza 'Casa da estafeta. Planta', mentres que na anterior está o plano e un texto envolto en motivos vexetais que lembran ao dintel rococó da porta principal da Casa do Cabildo, que realizou Fernández Sarela.


Os investigadores cren que podería tratarse dun dos últimos debuxos técnicos de Sarela, que falecería menos de dous anos despois. Segundo as investigacións realizadas, a casa, hoxe en día irrecoñecible por distintas reformas, situaríase entre os números 31 e 33 da Rúa Nova de Santiago.


relacionada Achan unha nova escultura medieval na Catedral de Santiago
relacionada A fachada do Obradoiro da Catedral recupera o seu aspecto orixinal
relacionada Julián Barrio data o final das obras da catedral para “mediados de 2020”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE