Podemos Galicia recúa no "debate das siglas"

|

PodemosGaliciaMunicipales


Podemos Galicia empeza a quentar motores coa vista posta nas eleccións locais do 2019, aínda que a idea inicial é deixar que as candidaturas elixan por si mesmas se queren estar vinculadas de forma expresa á formación morada ou se pola contra optan polo modelo usado nas pasadas eleccións municipais. Carmen Santos, a secretaria xeral do partido, quixo remarcar que o feito de que as candidaturas vaian baixo a bandeira de Podemos non é “un requisito” para as mareas municipais que se presenten ás eleccións. Ademais, a líder fixo fincapé en que non vai existir ningún tipo de problema coas mareas, ás que considera “proxectos aliados”.


Con todo, tamén deixou a porta aberta a que o nome do partido figure nas candidaturas municipais se a vontade dos candidatos é vincularse de forma clara á formación morada. Ademais, Santos considerado que as mareas de lugares como A Coruña ou Santiago non necesitan un cambio nas súas siglas xa que se tratan de “proxectos consolidados”.


"Non é un debate sobre que sigla é a máis valida. Todas son necesarias e positivas", remarcou, para logo convidar a centrarse en "o programa político" e en "que persoas van executar mellor" eses proxectos municipais.


Pola súa banda, e en consonancia coas declaracións de Santos, Luís Villares, portavoz de En Marea no Parlamento galego, manifestou que na súa opinión as mareas locais non necesitan facer un xiro para recalcar a súa vinculación á formación morada e ofreceu o apoio a nivel loxístico do partido instrumental. "O do nome é secundario", resolveu Villares ante os medios.


Deste xeito, tras apuntar que "o nome que adopten" as candidaturas "dependerá de cada unha delas", Villares súmase á opinión do rexedor de Santiago, Martiño Noriega, quen o pasado sábado expresou que nas mareas municipalistas "suman as persoas, non as marcas". Do mesmo xeito, considera que as mareas municipalistas "son marcas recoñecidas por todo o mundo" no ámbito local independentemente do "nome" que reciban, aínda que asume que certas denominacións están xa asentadas. "Non percibo unha alternativa ao nome de Compostela Aberta", puxo como exemplo Villares.


Ademais, o portavoz tamén quixo deixar un recado ao Partido Popular e lanzou unha mensaxe con vistas ao futuro. "Dixémolo desde o primeiro momento. En Marea chegou para quedar, que ninguén leve a engano. Sentimos decepcionar ao PP, que pensaba que isto ía ser unha moda", apostilou.


relacionada Villares defende a 'marca' das 'mareas' para as municipais
relacionada ​Villares quere manter a Podemos e IU nas mareas locais para as eleccións
relacionada ​As forzas políticas galegas activan a maquinaria para as municipais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress