​O BNG reclama máis competencias sobre impostos e vías para mellorar as pensións

Entre as medidas que propoñen están recadar todos os impostos das empresas galegas e un complemento ás pensións máis baixas.


|

Anapontonbngparl


O BNG reclama para Galicia a xestión do sistema de Seguridade Social, co obxectivo de recadar todos os impostos das empresas con sede na comunidade, e defendeu medidas para incrementar as pensións que cobran os galegos, as segundas máis baixas de todo o Estado cuns 175 euros de diferenza de media.


En rolda de prensa, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, debullou algunhas das medidas que defenden os nacionalistas galegos, como calcular as pensións cos 15 mellores anos da vida laboral e que as persoas se poidan xubilar, de forma ordinaria, aos 65 anos.


Así mesmo, apostou por aumentar as pensións non contributivas, cun complemento autonómico de 100 euros ao mes, o que supoñería unha medida cun custo de 40 millóns de euros.


relacionada ​Báñez propón calcular a pensión durante toda a vida laboral pola inestabilidade do emprego
relacionada ​A subida das pensións non chega aos dous euros ao mes de media
relacionada ​Pedro Sánchez propón crear dous impostos á banca para custear as pensións
relacionada A Seguridade Social necesita outro préstamo para pagar as pensións deste ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE