​O Celta comeza a segunda volta con vitoria

(1-2). A Real Sociedad adiantouse no marcador, pero os celestes conseguiron remontar.


|

Celebracion celta xogadoresOs celestes conseguiron remontar. Foto: RC Celta

O Celta derrotou á Real Sociedad en Anoeta con goles de Iago Aspas e Maxi Gómez para selar a primeira vitoria da segunda volta e o seu segundo triunfo consecutivo. Os celestes encadean, ademais, catro partidos sen derrotas.


O Celta avisou no arranque cun remate desviado de Maxi Gómez, pero no minuto 10 torcéuselle o encontro, cun centro desde a dereita que rematou Willian José para adiantar á Real.


Iago Aspas empatou dez minutos despois tras un penalti sinalado por man de Juanmi. Nunha primeira metade igualada e con ocasións para ambos, o equipo local dispuxo dun lanzamento de penalti aos 25 minutos que Willian José estrelou na madeira.


A mellor ocasión para os vigueses sería para Sisto, quen non puido superar a Rulli nun man a man.


Tras o descanso, mesma paisaxe, moita igualdade, aínda que con menos chegadas. A falta dun cuarto de hora, en plena mellora celeste, Maxi Gómez cabeceou á rede un saque de esquina de Wass que selou a remontada.


Os celestes defenderon ata o final a súa vantaxe para regresar a casa cos tres puntos.


FICHA TÉCNICA


1-R Sociedad: Rulli; Odriozola, Llorente, Raúl Navas, Kevin Rodrigues, Xabi Prieto (Aguirretxe, min.81), Zubeldia, Illarramendi, Canales (Oyardabal, min.61), Willian José e Juanmi (Januzak, min.69).


2-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.67), Wass, Iago Aspas, Pione Sisto (Brais, min.79) e Maxi Gómez (Cabral min.89).


Goles: 1-0, min.10: Willian José; 1-1, min.20: Iago Aspas,de penalti; 1-2, min.75: Maxi Gómez.


relacionada A nova cidade deportiva do Celta, máis preto de facerse realidade
relacionada ​A Liga leva ante a Federación a acusación de racismo contra Aspas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE