Puigdemont, candidato á investidura a pesar da súa situación xudicial

|

Puigdemont retrato


O novo presidente do Parlament catalán anunciou que propón a Carles Puigdemont como candidato para presidir a Generalitat de Catalunya. Nunha comparecencia desde a Cámara -sen preguntas e lucindo lazo amarelo- Roger Torrent explicou que é consciente das dificultades que presenta esta investidura, pero defende que Puigdemont ten " abosluta lexitimidade" para volver ser presidente.


Tal e como informa Catalunyapress, Torrent explicou tamén que lle propuxo a Rajoy "unha reunión para falar da situación anómala e sobre que hai oito deputados que teñen alteradas a súa participación política".


Contra a decisión de propoñer a Puigdemont pesan varias advertencias: o Goberno central avisou de que, se se fai, prolongará o artigo 155; os letrados do Parlament considérano antirregulamentario e partidos do hemiciclo non descartan impugnalo.


ORDE DE DETENCIÓN


O xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena descartou reactivar a orde europea de detención contra Puigdemont en Dinamarca, como pedira esta mañá a Fiscalía.


No seu auto, sinala, con todo, que atopa razoable a solicitude. Con todo, se o maxistrado aceptase a petición, isto podería coverterse nunha vantaxe para Puigdemont. Como explica Catalunyapress, se o ex president é detido en Dinamarca e posto a disposición da xustiza danesa, podería solicitar delegar o seu voto na sesión de investidura.


relacionada O avogado de Puigdemont ve improbable unha euroorden de detención
relacionada ​A Fiscalía advirte de que a inmunidade non frea a orde de detención contra Puigdemont
relacionada ​ERC sostén que "o proceso debe seguir", con Puigdemont ou sen el

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress