A oposición ve o goberno empantanado pola corrupción e como un "lastre" para o país

O PSOE, Ciudadanos e Podemos cargan polas revelacións do caso Gürtel e o PP reclama que se demostren no xuízo.


|

Rajoy peperos

Rajoy, arroupado polos seus en Sevilla. Foto: @marianorajoy


Pedro Sánchez, definiu como "novela negra" os casos de corrupción que afectan ao PP e opinou que, en consecuencia, o Goberno de Mariano Rajoy está "paralizado" e "acabado" e, por iso, considerou que é "un lastre" para o país.


Sánchez afirmou que o Goberno, tras ano e medio de lexislatura, está "acabado" mentres "as demandas --sociais-- non paran de crecer". Así lamentou que non se fale das "preocupacións" da cidadanía, como o sistema de pensións públicas ou a emigración da mocidade, e si dos casos de corrupción do PP, que definiu como "novela negra".


'MEA CULPA'


O presidente de Cs, Albert Rivera, pediulle ao PP que "entoe o 'mea culpa" polos casos de corrupción do partido e reclamou que España debe ter un Goberno limpo de corrupción.


Rivera cualificou o caso Gürtel como unha ramificación do caso PP e criticou que o PP "arrastra os pés coa corrupción". "Hai unha senadora imputada pola Púnica e Rajoy segue en silencio", recriminou en referencia á senadora popular Pilar Barreiro, sobre a que Cs pide que o PP a faga dimitir do seu cargo.


"CLOACA E PANTANO"


O secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, advertiu este sábado que "a corrupción do Partido Popular non soamente fala da cloaca e o pantano que hai no PP", polas últimas revelacións da trama Gürtel, senón que "tamén hai unha interpelación cara a Ciudadanos" polo seu apoio en gobernos rexionais como o da Comunidad de Madrid, e "tamén ao PSOE".


No caso dos socialistas, aínda que recoñeceu que "non ten un papel tan activo como Ciudadanos", lembrou que rexeitaron nos últimos meses "a posibilidade de botar a Mariano Rajoy da Moncloa".


"Non soamente o PP tentou amañanar eleccións financiándose ilegalmente; os empresarios que participaron en todo isto xogaron, competiron deslealmente contra os empresarios honestos, que ademais son maioría e os que levantan este país xunto aos traballadores", manifestou respecto diso.


"ESTRATEXIA DE DEFENSA"


O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, achacou como simples "estratexias de defensa" as revelacións do xuízo polo caso Gürtel.


"Son só estratexias de defensa que utilizan os acusados e que teñen a súa lóxica neste sentido", manifestou Catalá, ademais de lembrar que as ditas afirmacións realízaas alguén que "ten unha posibilidade de ser condenado a moitos anos de prisión".


"Son estratexias de defensa, pero nun xuízo o que acusa ten que demostrar, non basta con facer declaracións senón que hai que probar se eses feitos se produciron", asegurou.


relacionada ​Pablo Crespo confesa pagos en negro en actos electorais do PP
relacionada ​A senadora galega Pilar Barreiro, citada para declarar no Supremo pola trama Púnica
relacionada ​O Consello de Europa reprende a España polos avances "limitados" contra a corrupción

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE