​A Fiscalía advirte de que a inmunidade non frea a orde de detención contra Puigdemont

|

Sanchez melgar fiscalJulián Sánchez Melgar xurou o seu cargo en decembro.

A Fiscalía Xeral do Estado advertiu de que a inmunidade parlamentaria de Carles Puigdemont non pode derivar en impunidade, e asegurou que esta inmunidade non o exime de poder ser ingresado en prisión.


"É inadmisible unha interpretación do privilexio da inmunidade parlamentaria que derive en impunidade", manifestou a institución que encabeza Julián Sánchez Melgar nun comunicado, e lembrou que o Tribunal Supremo xa acordou prisión preventiva para outros deputados independentistas por rebelión, sedición e malversación, delitos polos que consta unha orde de detención en chan español contra Puigdemont.


Apuntou que a doutrina do Tribunal Constitucional sempre postulou "a interpretación restritiva" dos privilexios dos aforados.


"PERSISTE NO SEU PLAN DELITUOSO"


Así, a Fiscalía defendeu que a garantía de inmunidade se refire "exclusivamente á detención policial" e "non significa que non se poida ordenar o ingreso en prisión por orde xudicial".


A Fiscalía tamén considera que a actitude do investigado Puigdemont, "dándose á fuga e mantendo as actuacións que culminaron coa declaración de independencia" de Cataluña, evidencia que "persiste no seu plan delituoso e segue desenvolvendo accións tendentes á súa consumación".


DETENCIÓN EN DINAMARCA


O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, respondeu á posibilidade de que Puigdemont abandone Bélxica e viaxe a outro país que a Fiscalía deberá decidir se "articula o mecanismo de cooperación internacional para a súa detención".


Así o manifestou ao ser consultado polos medios en relación á intención manifestada por Puigdemont de participar nun acto na capital danesa o vindeiro luns.


Ademais, mostrouse convencido de que "non é posible" que se produza a investidura Puigdemont a través de videoconferencia porque non o permiten nin o Estatut nin o Regulamento do Parlament e lembrou que o Executivo "ten a obrigación" de impugnar ou articular os mecanismos de impugnación cando o vexa necesario para "garantir que non se incumpren as leis ou que non se leve a cabo unha actividade que non está permitida pola lei".


VIXENCIA DO ARTIGO 155


Rajoy considerou "ilegal e contra o sentido común e a lóxica" que Puigdemont, vivindo en Bruxelas, volva ser investido no cargo, algo que "non ten precedentes", pero que se ocorre, "o artigo 155 vai seguir vixente porque así o dixo o Senado".


Dixo que quedou demostrado que España é unha nación que ten "instrumentos para defenderse e que cando a atacan, deféndese".


PUIGDEMONT É HISTORIA


Pola súa banda, Pedro Sánchez tachou o 'ex president' de ser unha das "peores follas" da historia catalá, polo que confiou en que os cataláns "pasen a folla".


Ao seu xuízo, existe un "sentimento de certo rexeitamento" e considerou que "non se fala das preocupacións dos cidadáns", que identificou nos déficits do sistema de pensións, a emigración dos mozos ou dos casos de corrupción "como a novela negra" do PP.


relacionada ​ERC sostén que "o proceso debe seguir", con Puigdemont ou sen el
relacionada Puigdemont reafirma a súa disposición a gobernar Cataluña desde Bélxica
relacionada ​Santamaría di que é "imposible" investir a Puigdemont, pero o Parlament busca a fórmula

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress