Homenaxean ao humorista gráfico Siro López cunha biografía sobre a súa traxectoria

A sede da Deputación da Coruña acolleu este venres a presentación do libro 'Siro'


|


Siro


A sede da Deputación da Coruña acolleu este venres a presentación do libro 'Siro', unha monografía de 383 páxinas en gran formato na que se repasa, a través de textos e ilustracións, a traxectoria biográfica e artista do humorista gráfico Siro López.


O acto contou coa asistencia do presidente da institución provincial, Valentín González Formoso; a vicepresidenta, Goretti Sanmartín e o director de 'La Voz de Galicia', Xosé Luís Vilela. Neste xornal, o humorista gráfico desenvolveu parte da súa carreira profesional.


Tamén participou o artista ferrolán Pedro Taboada, que se encargou da coordinación do volume, así como o propio Siro e personalidades do mundo da cultura, a arte, a política e o xornalismo.


MÚLTIPLES FACETAS


Na presentación, o presidente da Deputación destacou que o libro concentra "a esencia da vida dunha boa persoa, dun gran artista", destacando as facetas do homenaxeado como xornalista, guionista, escritor, ilustrador e pintor.


Pola súa banda, a vicepresidenta provincial, Goretti Sanmartín, situouno nunha "estirpe de mestres" como Isaac Díaz Pardo ou Castelao.

relacionada ​Crece a cifra de galegos que le, aínda que segue por baixo da media
relacionada 'A derradeira leición do mestre' de Castelao chega a Galicia no outono

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE